subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso continúa cos traballos de desinfección e co reparto de mascarillas


orosoO Concello de Oroso continúa cos labores de limpeza e desinfección dos espazos públicos que comezaron o día 17 de marzo en todo o municipio.

Nas últimas horas, fixéronse traballos específicos na urbanización Porto Avieira e nos arredores dos establecementos de servizos esenciais abertos, prestando unha especial atención ás proximidades do centro de saúde, farmacias ou supermercados.

Esta mañá levaronse a cabo tamén tarefas de desinfección dos colectores de lixo.

Hoxe pola mañá, de sete a nove, persoal da Agrupación de Protección Civil e axentes da Policía Local e da Garda Civil repartiron mascarillas entre os traballadores e traballadoras que se reincorporaron aos seus postos de traballo.

O reparto fíxose nas entradas do polígono empresarial e nas paradas de transporte metropolitano de Sigüeiro. O Concello apela á responsabilidade das empresas para extremar as medidas de hixiene e seguridade.

O concello de Oroso continúa co reparto de mascarillas entre as persoas maiores de 60 anos que o soliciten, os grupos de risco e os establecementos de servizos e productos de primeira necesidade abertos.

O reparto, en función das existencias das que dispón o concello, faise a través de Protección Civil, chamando previamente aos teléfonos 667 830171, 629 810 399 ou 616 527 567.

👏👏 GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E ÁNIMO!