subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso continúa co reparto de mascarillas e co pago de facturas a proveedores para darlle liquidez a empresas e autónomos


orosoO Concello de Oroso continúa durante a xornada de hoxe co reparto de mascarillas entre todos os fogares do municipio. O persoal de Protección Civil pasará por todos os domicilios de Oroso, tanto no casco urbano como nas parroquias, polo que ningún fogar quedará sen o material.

Este reparto nos fogares da continuidade a unha primeira fase, na que o concello fixo chegar 5.000 mascarillas ao persoal municipal, Protección Civil, ás persoas maiores que o solicitaron, establecementos comerciais abertos, traballadores e empresas que xa retomaron a súa actividade, ademais doutros grupos de risco.

O concello quere agradecer as xestións ás empresas proveedoras das mascarillas, á Xunta de Galicia polo envío de 500 e á Deputación Provincial polo envío de 1.100 unidades.

O concello espera a chegada de 4.000 mascarillas máis, polo que o reparto continuará para protexer a saúde de todos.

Por outra parte, continúan as tarefas de limpeza e desinfección nos espazos públicos.

Os traballadores municipais están operativos grazas ao teletraballo, tramitando expedientes e realizando pagos de facturas a proveedores para darlle liquidez a empresas e autónomos.

💪💪 GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E POLO VOSO COMPORTAMENTO! ÁNIMO! #orosoquedanacasa