subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Concerto para balcóns e fiestras!


orosoEste xoves, o Concello de Oroso organiza tres micro concertos de violín a cargo do dúo Transilvania, conformado por Anca Smeu e Abi Smeu.

Hai que destacar o seu ofrecemento para tan bonita iniciativa, que pretende distraer coa súa música a todos os veciños/ as que permanecen confinados.

Son tres os puntos escollidos (máis info no cartel), pero se a iniciativa ten boa acollida está aberta a opción de amplialo a máis rúas.

Facemos un chamamento a todos os cidadáns que queiran gozar da música en directo asomandose ás súas xanelas ou balcóns.

O concello tamén estuda opcións para retransmitir o concerto por streaming, a través de YouTube ou a mesmo na páxina de facebook.

Grazas polo voso interese!