subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, advirte que o reixeitamento ao decreto para usar os remanentes municipais "é unha moi mala nova para os veciños e veciñas"


orosoO alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, únese aos milleiros de representantes municipais que consideran “unha moi mala nova para as administración locais” o acontecido onte no Congreso dos Deputados, co rexeitamento ao decreto dos remanentes liderado polo PP.

“O Partido Popular rexeita o decreto sen ofrecer unha alternativa, os concellos levamos anos demandando poder usar os nosos propios aforros para mellorar o benestar veciñal, pero lamentablemente os remanentes seguirán nos bancos”, lamenta Mirás.

“Temos que superar a situación de austericidio e asfixia económica na que o goberno do PP, con Rajoy e Montoro, deixaron aos concellos no ano 2012; desde entón, non podemos usar libremente os nosos aforros”, afirma.

“Os concellos”, lembra Mirás, “asumimos numerosos gastos e competencias impropias, o fixemos sempre e máis agora durante pandemia, desenvolvendo todas as tarefas de limpeza, desinfección, axudas para o tecido empresarial ou reparto de material de protección; o único que pedíamos era usar os nosos propios aforros”.

O alcalde de Oroso engade que “o plantexamento de Facenda era transferir 5.000 millóns aos concellos con remanente de tesourería para investimentos a favor da veciñanza; era ademáis un acordo voluntario, non obrigada a ninguén”.

“O PP di non por pura estratexia partidista, sen ofrecer alternativas ao municipalismo e deixando claras as súas prioridades, que non son os veciños e veciñas de cada concello”, remata.