subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Información actualizada COVID-19 en Oroso


orosoNo Concello de Oroso hai hoxe, martes 17 de novembro, 21 casos activos de coronavirus, segundo nos comunican da xerencia da área sanitaria. Todos eles están recuperándose nos seus domicilios. Non hai ningún ingresado nos hospitais.

Segundo os datos da Consellería de Sanidade da Xunta, o Concello de Oroso atópase nun nivel de alerta epidemiolóxica 1 (AMARELO), é dicir, entre 7 e 14 casos novos positivos de coronavirus confirmados por PCR nos últimos sete días.

Desde o concello queremos agradecer de novo o esforzo da veciñanza, reflictido nunha contención dos novos casos de coronavirus. Lembrade que ata o 4 de decembro están activas as medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia en máis de 60 concellos, entre eles Oroso. As principais son:

⭕️ Peche perimetral do Concello de Oroso.
🍽 Peche dos establecementos de hostalería (só se permite servizo a domicilio ou para recoller no local e levar).
👕 Aforo limitado ao 50% no comercio.
🎭 Limitación de aforos en cines, teatros e auditorios.
❎ Continúa o toque de queda de 23:00 a 6:00 h.
👟 A práctica deportiva terá que ser individual.

Agradecemos a vosa colaboración, temos que facer un esforzo conxunto para frear a curva, respectando as medidas e reducindo a interacción social, sobre todo nos espazos interiores.