subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso informa de 21 casos activos de coronavirus no municipio


A incidencia acumulada nos últimos 14 días xa supera os 250 casos por cada 100.000 habitantes

orosoO Concello de Oroso informa que a día de hoxe hai no municipio 21 casos activos de coronavirus.

A incidencia aumulada nos últimos 14 días xa supera os 250 casos por cada 100.000 habitantes, polo que a tendencia é negativa no concello.

Na reunión do comité clínico da Xunta de hoxe non se aprobaron novas medidas restrictivas para o Oroso, pero haberá una nova reunión o martes.

En calquera caso, o aumento dos casos é constante, tanto no noso concello como no conxunto de Galicia, polo que facemos de novo un chamamento á responsabilidade individual para frear o aumento de casos.

Seguen activas as medidas vixentes ata hoxe, polo que a hostalería debe pechar ás 23:00 horas, cun 50% de aforo no interior e un 75% no exterior. Agrupacións de máximo 6 persoas e restrinxida a mobilidade nocturna de 23:00 a 06:00 horas.

O concello pide un esforzo conxunto para respectar os protocolos e as recomendacións, evitando a interacción social en espazos interiores.

Pedimos á veciñanza que saia de casa só o imprescindible, xa que as próximas semanas serán críticas.