subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso inicia unha limpeza xeral das beirarrúas do municipio.


O concelleiro de Vías e Obras agarda que os traballos estean rematados a finais de mes.

orosoO Concello de Oroso iniciou esta semana un plan de limpeza xeral das beirarrúas do municipio. “Aínda que nun principio podía parecer que non era tan necesario, agora que xa levamos algunhas rúas de Sigüeiro rematadas a xente nota moito a diferenza e está valorando moi positivamente a iniciativa”, explica Eduardo Veiras, concelleiro de Vías e Obras.

Os traballos comezaron esta semana na avenida de Compostela, nas rúas do entorno da Praza Isaac Díaz Pardo e na avenida da Grabanxa. Unha limpeza que se realiza con auga a alta presión. “Esperamos que ao longo dos próximos días poidamos limpar todas as beirarrúas do municipio e poder eliminar algunhas pintadas antes de finais deste mes”, anuncia Eduardo Veiras.