subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso inviste 78.000 euros na primeira fase da mellora da rede viaria en Arderís (Senra) e Castiñeiro Redondo (Calvente).


orosoO Concello de Oroso vén de investir un total de 78.100 euros na primeira fase das obras de mellora da rede viaria en Arderís (Senra) e Castiñeiro Redondo (Calvente), cunha extensión aproximada de 1,2 quilómetros. Unhas obras executadas durante a primeira quincena deste mes de xuño por Eulogio Viñal Obras y Construcciones.

Esta obra promovida polo Concello de Oroso contaba cun orzamento de 94.000 euros e estaba incluída no Programa de Mellora de Camiños de Titularidade Municipal da Deputación Provincial da Coruña, cunha achega de máis de 77.000 euros por parte do FEADER.

Por outra banda, o Concello de Oroso vén de rematar o seu plan de bacheo das principais vías municipais das distintas parroquias do municipio. Uns traballos de mellora e conservación acometidos nas dúas últimas semanas polos traballadores da brigada municipal de obras.