subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso inicia un plan de bacheo nas estradas e pistas de todo o municipio no que investirá 25.000 euros.


Os traballos comezaron coa ampliación da rúa María Casares, emprazada na urbanización Porto Avieira (Gándara).

orosoO Concello de Oroso vén de iniciar un plan de bacheo das vías municipais das distintas parroquias do municipio. Uns traballos de mellora e conservación que comezaron coa ampliación da estrada na rúa María Casares, unha das principais vías de entrada a saída da urbanización Porto Avieira (Gándara), e nos que o Concello de Oroso vai investir preto de 25.000 euros.

O concelleiro de Obras, Eduardo Veiras, explica que “empezamos este plan de bacheo por Porto Avieira e os accesos ao Refuxio. Agora seguiremos traballando nos Ánxeles e despois bachearemos todas as pistas municipais das distintas parroquias”. Os traballos estarán rematados a principios do mes de agosto.