subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso completa o programa para dotar de calefacción aos locais sociais de todas as parroquias do municipio


Inviste máis de 10.000 euros na instalación de estufas de pellets nos locais sociais de Cardama, Gándara, Marzoa, Oroso, Pasarelos e Senra

orosoO Concello de Oroso vén de investir un total de 10.289 euros na instalación de calefacción en seis locais sociais do municipio: Cardama, Gándara, Marzoa, Oroso, Pasarelos e Senra. Unhas obras incluídas dentro do Proxecto de Equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2017, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020, coas que o Concello de Oroso cumpre o seu compromiso de levar a calefacción aos locais sociais de todas as parroquias do municipio.

Os equipos instalados son unhas estufas de pellets moi seguras e doadas de manexar, polo que permitirán optimizar a utilización destes seis locais sociais pola veciñanza e favorecerán a celebración neles de máis actividades culturais, formativas e de ocio, sobre todo durante a época invernal. Un investimento que se suma aos máis de 10.000 euros investidos en 2016 polo Concello de Oroso na dotación de estufas de pellets aos locais sociais do Cachopal (Os Ánxeles), Deixebre, Garabanxa (Calvente), Oroso, Trasmonte e Vilarromariz.