subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso terá lista na primavera a nova área de lecer da piscina e licitará nos próximo días a cuberta das instalacións.


orosoO Concello de Oroso terá rematadas antes do comezo da primavera as obras de ampliación da área de lecer da piscina municipal, uns traballos incluidos nun proxecto de reforma conxunta do complexo para mellorar o servizo que lle presta aos veciños.

“Cada vez son máis os usuarios e as actividades que organizamos no complexo da piscina, polo que quixemos dotar ás instalacións de varias melloras”, asegura o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

Ademais da nova zona de lecer (adxuntamos fotografía das obras), licitaranse nos próximos días as obras para a construción da cuberta da piscina, valoradas en 210.475 euros. “Estamos renovando e mellorando o conxunto das infraestruturas do municipio”, afirma Mirás.

Para completar o proxecto de mellora, o grupo de goberno de Oroso fará tamén uns novos vestiarios. A pasada campaña de verán na piscina de Sigüeiro foi un éxito, con centos de persoas participando nos cursos de natación e nas actividades organizadas polo Concello. O exterior das instalacións foi ademais o escenario de numerosos concertos, obras de teatro ou xogos infantís.

“Os traballos que puxemos en marcha servirán para albergar máis actividades, ademáis de extender o uso da piscina a outras épocas do ano coa cuberta”, engade o alcalde de Oroso.