subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso adxudica por máis de 118.000 euros obras de mellora na rede viaria nas parroquias de Deixebre e A Gándara


orosoO Concello de Oroso adxudicou esta semana unha actuación para renovar a rede viaria nas parroquias de Deixebre e A Gándara, mellorando a seguridade de vehículos e peóns.

En concreto, os traballos servirán para a renovación do camiño que discorre desde o lugar de Oroso de Abaixo (A Gándara) ata o vial de acceso ao núcleo da Igrexa (Deixebre). As obras terán un orzamento de 118.420 euros.

Este camiño está agora mesmo en mal estado e a actuación consistirá nunha pavimentación con rego asfáltico para conseguir unha capa de rodadura máis estable e segura, dando resposta ás demandas veciñais.

As obras forman parte de plan integral de renovación e mantemento dos servizos e infraaestruturas municipais, posto en marcha polo Concello de Oroso no casco urbano e nas parroquias.

Xa está tamén en licitacion por case 115.000 euros a mellora da rede viaria nos lugares de Senra e Arderís (Senra), Vilanova (Oroso), Carollo e Requeixo (Cardama) e na rúa Emilia Pardo Bazán (A Gándara). As empresas interesadas teñen de prazo ata o 7 de decembro para presentar as súas ofertas.

“A mobilidade nos camiños do rural é moi elevada, por iso desde o concello queremos mellorar a rede viaria, facilitando as comunicacións e reducindo o risco de accidentes”, asegura o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.