subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Seminarios de novas tecnoloxías na aula CeMIT.


 

orosoO Concello de Oroso ofrecerá durante este mes de xuño tres seminarios, de catro horas de duración cada un, relacionados con marketing dixital e novas tecnoloxías. Todos eles terán lugar por videoconferencia na Aula CeMIT de Sigüeiro, onde se poden inscribir todos aqueles que desexen participar (981 6 8 89 50 ou educaoroso@concellooroso.com.

O primeiro seminario, titulado “Queres crear unha web? Comeza con Wordpress” terá lugar o xoves 9 de xuño, de 16:00 a 20:00 horas. Durante esas catro horas, Consuelo Luces, consultora de Deseño e Comunicación de EOSA Consultores, explicará os aspectos básicos de WordPress para a creación de páxinas web, así como a utilización e instalación de distintos e interesantes plugins.

Para o martes 14 de xuño, tamén de 16:00 a 20:00 horas, está programado o seminario “Marketing dixital para captar e fidelizar os nosos clientes”, que será impartido polo enxeñeiro industrial Víctor Gómez. Durante a súa ponencia, Gómez falará das redes sociais como canle de comunicación empresarial e das ferramentas para a xeración, clasificación e programación de contidos.

Finalmente, o seminario “Quen visita a túa web? A responsta con Google Analytics”, terá lugar o martes 21 de xuño da man da empresa Alén Multimedia. De 16:00 a 20:00 horas, o alumnado aprenderá a empregar os filtros e medicións de Google Analytics, realizando varios exercicios prácticos.