subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Curso da folla de cálculo con Calc.


orosoO Concello de Oroso, a través da Aula CeMIT Sigüeiro-Oroso, realizará de luns a xoves desde o martes 20 de xuño ata o xoves 30 de xuño de 10 a 12 horas un curso sobre o manexo da folla de cálculo Calc.

As inscripcións deberán realizarse a través da páxina web http://cemit.xunta.es/gl/centro/53, no teléfono 981 68 89 50 ou no email educaoroso@concellooroso.com.

Obxectivos
· Familiarizarse co medio de traballo dunha folla de cálculo.
· Crear táboas de datos e traballar con fórmulas.
· Crear libros e traballar con datos de diferentes follas.
· Utilización das fórmulas básicas/funcións
· Creación de gráficos.
· Configuración das follas de cálculo para impresión.

Contidos:
· Que é unha folla de cálculo?
· Introdución ao medio de traballo (LibreOffice Calc)
· Introdución e modificación de datos
· Formato de celas, filas e columnas (cor, tipo de datos, bordos, dimensións etc.)
· Filtros e ordenación dos datos
· Traballo con fórmulas
· Xestionar as follas de cálculo dun libro
· Formatos condicionais
· Creación de gráficos
· Xerar series de datos
· Funcións máis utilizadas