subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso ofrece un curso gratuito para administrar un ordenador con Sistema Linux.


orosoA Aula CeMIT do Concello de Oroso, oferta un curso gratuíto de administración básica dun ordenador con Sistema Linux, que terá unha duración de 8 horas impartidas ao longo de catro sesións formativas a celebrar nas mañás entre o 5 e o 8 de setembro dende ás 10:00 horas ata as 12:00 horas. As inscricións deben realizarse a través do seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/es/actividade/18041

Linux é un sistema operativo cada vez máis popular que está a demostrar ser unha alternativa viable a Windows de Microsoft e aos sistemas operativos Mac de Apple.
Contidos:
• A interface de comandos, shell, prompt
• Que é Linux. O proxecto GNU. Software Libre. Código Aberto
• Distribucións de Linux
• Estrutura de ficheiros en Linux
• Comandos básicos de administración do sistema Linux
• Permisos e asignación
• Manipulación de usuarios. Tipos de usuarios. Grupos
• Comandos d manipulación de arquivos
• Comandos de Xestión de rede
• Empaquetamentos de arquivos
• Instalación de aplicacións coas utilidades apt-get
• Scripting en Linux
• Tarefas típicas dun administrador de sistemas. Backups, xestión da rede, firewall, análise de logs,.....

Maís información na Aula Mentor EducaOroso (rúa do Deporte 7, Sigüeiro) ou no 981 688 950.