subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A Aula de Formación EducaOroso ofrece un curso gratuíto de CONT4 Xestión.


 

O Concello de Oroso, a través da Aula de Formación EducaOroso, oferta un curso gratuíto de Conta4 Xestión, que terá do luns 3 de outubro ao xoves 13 de outubro en horario de 17:00 a 19:30 horas. As inscricións poden realizarse na Aula de Formación EducaOroso (rúa do Deporte 7, Sigüeiro), no 981 688 950 ou a través da web https://cemit.xunta.gal/actividade/18275.

Este curso está dirixido a veciños e veciñas que, tendo coñecementos básicos de contabilidade e facturación, desexen coñecer o funcionamento dun programa de xestión como CONT4, ben como complemento á súa formación ben para xestionar unha pequena ou mediana empresa. Porque o alumnado rematará estas máis de 22 horas formativas coa formación precisa para realizar a maioría das operacións de facturación e contabilidade cotiás dunha empresa.