subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A Aula-CEMIT de Oroso informa da convocatoria para obter a Certificación Galega de Comptetencias Dixitais en Ofimática.


 

O Concello de Oroso informa que Aula CeMIT de Sigüeiro-Oroso convoca un total de 12 prazas para as probas presenciais para a obtención do CODIX (Certificación Galega de competencias dixitais en ofimática).

O luns 3 de outubro, o Diario Oficial de Galicia publica a resolución da convocatoria das probas para a obtención da Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática. A proba terá lugar na Aula-Cemit de Oroso o vindeiro 18 de novembro.

Desde o martes día 4 ata o 10 de outubro, as persoas interesadas poden inscribirse a través do enlace na web do CeMIT. Aparecerá tamén como “INFORMACION DESTACADA” coas localidades onde se realizará o exame para facilitar aos interesados o enlace á ficha de inscrición.