subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Os maiores de Oroso descubren os beneficios da musicoterapia nos “Martes saudables”.


orosoUnha quincena de maiores de Oroso participaron na derradeira sesión dos “Martes saudables” deste ano, que este mes estiveron dedicados á musicoterapia. Unha sesión impartida por Damián Cairo Touriño, profesor de música do Conservatorio Profesional da Coruña, quen ensinou aos maiores que a música ten moitos beneficios nas áreas cognitivas, emocional, física e social.

Así, Damián Cairo ensinoulles a identificar os estilos de música, comprobar como os distintos tipos de música promoven diferentes estados de ánimo e decatarse de que cantar cancións, tocar instrumentos musicais ou bailar tamén serve para traballar os nosos recordos. Tras unha breve introdución teórica, os asistentes aprenderon tamén o valor da música para mellorar a súa coordinación física. Unhas ensinanzas que os maiores de Oroso puxeron en práctica para rematar a xornada, cantando e bailando en grupo.