subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso convoca un curso gratuito para crear un blogue con Wordpress.


O curso ten dispoñibles 12 prazas.

orosoO Concello de Oroso convoca un curso gratuito para crear un blogue usando Wordpress, que terá lugar entre o luns 26 e o xoves 29 de xuño en horario de 10:00 a 12:00 horas. Un curso gratuito, de oito horas de duración que terá lugar na Aula CeMIT de Sigüeiro-Oroso e para o que é preciso matricularse neste enlace: https://cemit.xunta.gal/es/actividade/21180.

Este curso pretende iniciar ao alumnado nesta ferramenta de programación web e na cal verán os seguintes contidos:
- Que é un blogue e para que serve
- Plataforma Wordpress, como crear un blogue
- Acceder en modo Editor
- Explorando o escritorio de wordpress.com
- Administración de Entradas
- Multimedia
- Ligazóns
- Páxinas
- Comentarios
- Aparencia (temas, widgets, menús, opcións do tema, cabeceira, fondo, custom design, móbil, ...)
- Usuarios
- Ferramentas
- Axustes