subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso programa un curso gratuíto de xestión de nóminas.


Formará no programa NominaSOL a un máximo de doce persoas.
Será no mes de decembro, cun total de 16 horas de formación.

orosoO Concello de Oroso convoca un curso gratuíto de xestión de nóminas e seguros sociais a través do programa informático NominaSOL. Será impartido no mes de decembro, en concreto os días 12, 14, 19 e 21 e en horario de 10:00 a 14:00 horas. O máximo de prazas dispoñibles é de doce persoas.

Esta acción formativa está dirixida a persoas que, tendo coñecementos básicos de xestión de nóminas e seguros sociais, estean interesadas no funcionamento desta aplicación informática, así como quen queira actualizar coñecementos sobre a súa utilización.

O curso abordará de maneira global todas as opcións necesarias para funcionar coa aplicación NominaSOL, que é sinxela e gratuíta. Así, entre os temas que se detallarán nas clases está a creación da empresa, os convenios colectivos, a configuración da empresa, a alta de traballadores e o cálculo de nóminas e seguros sociais, ademais da propia emisión de nóminas.

Como complemento ás clases presenciais, os alumnos e alumnas contarán con titorías mediante correo electrónico. Tamén disporán de quince días posteriores ao remate das clases para resolver calquera dúbida ou efectuar as consultas que estimen necesarias.

Todas as persoas interesadas en participar neste curso poden dirixirse ao centro CEMIT de Oroso (cemit.oroso@xunta.es) ou chamar ao 981 688 950.