subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Xornada práctica sobre o acceso e funcionamento da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.


orosoA aula de formación EducaOroso realizará o vindeiro martes día 29 de maio unha xornada práctica e gratuita sobre o acceso e funcionamento da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Na última década, Internet foise consolidando como unha canle fundamental na relación entre os cidadáns e a Administración Pública. Internet ofrece a posibilidade de manter unha Administración Pública aberta as 24 horas do día, mellorando a súa capacidade de prestación dos servizos e trámites aos cidadáns e incrementando as posibilidades de acceso aos mesmos así como a comodidade e a rapidez na realización de calquera trámite.

As persoas que desexen asistir a esta xornada deberán solicitar a inscrición a través do seguinte formulario web: https://cemit.xunta.gal/actividade/25215