A Aula de Formación EducaOroso ofrece un curso gratuíto de CONT4 Xestión.
O Concello de Oroso, a través da Aula de Formación EducaOroso, oferta un curso gratuíto de Conta4 Xestión, que terá lugar de luns a venres desde o día 10 de setembro ata o día 14 de setembro de 2018 en horario de 16:00 a 20:00 horas. As inscricións poden realizarse na Aula de Formación EducaOroso (rúa do Deporte 7, Sigüeiro), no 981 688 950 ou a través da web https://cemit.xunta.gal/es/actividade/26079.
Este curso está dirixido a veciños e veciñas que, tendo coñecementos básicos de contabilidade e facturación, desexen coñecer o funcionamento dun programa de xestión como CONT4, ben como complemento á súa formación ben para xestionar unha pequena ou mediana empresa. Porque o alumnado rematará estas máis de 22 horas formativas coa formación precisa para realizar a maioría das operacións de facturación e contabilidade cotiás dunha empresa.
Contidos:
Módulo A: Facturación
? Alta e configuración da empresa.
? Configuración do entorno de traballo.
? Xestión de almacén.
? Proceso de compras e ventas.
? Proceso de pagos e cobros.
? TPV.
? IVE.
? Copias de seguridade
Módulo B: Contabilidade.
? Alta e configuración da empresa.
? Introducción e edición de asentos contables.
? Xestión de cobros e pagos.
? IVE.
? Amortizacións.
? Inventario.
? Consultas, balances e informes.
? Regularización e peche.
? Copias de seguridade