subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Xornadas gratuítas de impresión 3D


orosoO Concello de Oroso, a través da Aula CeMIT de Sigüeiro, organiza un curso gratuíto de Iniciación á Impresión 3D, que terá lugar os días 2, 3, e 4 de xullo, en horario de 10:00 a 12:00 horas. As inscricións poden realizarse a través do teléfono 981 688 950 ou na web CeMIT.

O curso está dirixido a todas aquelas persoas que queiran introducirse no mundo da fabricación dixital e manexo das impresoras 3D, xa que non fai falla ter coñecementos previos específicos. O curso propón un achegamento de carácter teórico ao mundo da impresión 3D para facilitar o deseño e execución dalgunha peza en seguintes sesións. Así, o alumnado aprenderá a preparar os modelos para a súa impresión, a escanear en 3D a partir de fotografías e a coñecer as ferramentas precisas para o modelado e a impresión en 3D.

Contidos:

Iniciación á impresión 3D
Repositorios de modelos 3D
Preparación dos modelos para a súa impresión
Coñecer como escanear en 3D a partires de fotografías
Coñecer as ferramentas necesarias para o modelado e a impresión en 3D
Crear modelos sinxelos con Tinkercad

Solicita a túa praza: https://cemit.xunta.gal/es/actividade/28889