subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Aberto o prazo para solicitar as subvencións do Programa de Emerxencia Social Municipal 2019


 

As axudas van dirixidas a persoas ou familias residentes no Concello de Oroso para paliar situacións de emerxencia social. Estas axudas están destinadas a resolver, por si mesmas ou complementariamente con outros recursos e prestacións, situacións de emerxencia social e previr casos de exclusión social.

O seu obxectivo é dar resposta a situacións puntuais de necesidade xeradas por unha emerxencia individual e/ou familiar, cando exista unha carencia de medios económicos para satisfacer a necesidade.

Isabel Fernández Gallego, concelleira de Mulleres, Ensino e Benestar Social, sinalou que "Oroso é un concello en continuo crecemento e, lamentablemente, temos casos de emerxencia social e desde a Concellaría de Mulleres, Ensino e Benestar Social debemos achegar todos os nosos esforzos para erradicar esta situación de precariedade da nosa cidadanía".

As bases da convocatoria foron publicadas no BOP (Boletín Oficial da Proincia da Coruña, Nº 132 - luns, 15 de xullo de 2019) e están colgadas na web do Concello de Oroso na Concellaría de Mulleres, Ensino e Benestar Social, así como todos os documentos que deben cubrirse e achegar para formalizar as solicitudes das axudas.

En caso de xurdir dúbidas á hora de cubrir a documentación podedes acudir á área de Benestar Social onde vos axudaremos en todo. Non o dubides, se tes a máis mínima dúbida, lembra que estamos aquí para che axudar.