subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Curso internet e ofimática con LibreOffice


Preparación das probas libres para a obtención do CODIX

orosoA aula CEMIT do Concello de Oroso impartirá un curso presencial durante o vindeiro mes de outubro de internet e ofimática con LibreOffice Writer, Calc, Base, Impress) e outras ferramentas ofimáticas: dictado, mecanografía, arquivado, fax, microfilmado, xestión de arquiivos e documentos, etc.

Horarios
O curso impartirase de luns a xoves en horario de 10:00 a 12:00 horas dende o 7 ata o 31 de outubro de 2019.

Colectivo destinatario
O curso está destinado á cidadanía en xeral que cumpra os seguintes requisitos: Utilizar con axilidade un ordenador (manexo do teclado e do rato, apertura e peche de programas, uso de cartafoles etc.)

Obxectivos

  • Ofrecer unha visión ampla da informática no seu uso cotián, facendo fincapé nas ferramentas tecnolóxicas de uso máis frecuente referentes ás aplicación de oficina.
  • Aprender ofimática (procesadores de texto, follas de cálculo, base de datos, etc.) de forma correcta usando ferramentas libres, co fin de que os alumnos coñezan un maior abano de programas coas que xestionar os seus documentos e sexan capaces de obter o maior proveito das diferentes alternativas existentes.
  • Acadar os coñecementos e recursos necesarios para a preparación da proba libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, CODIX.

CODIX ¿Qué é?
A certificación galega de competencias dixitais en ofimática é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.

Metodoloxía
Formación práctica en combinación con explicacións e orientacións sobre as actividades a realizar.
Adecuación dos contidos e prácticas á preparación da proba libre para a obtención do CODIX.

Programa
Internet
LibreOffice Writer. O procesador de textos
LibreOffice Impress. Presentación dixitais
LibreOffice Calc. Follas de cálculo
LibreOffice Base. Bases de datos

Inscricións
Solicita a túa praza en https://cemit.xunta.gal/es/actividade/29476