subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

AulaMentor Oroso: Información Coronavirus


orosoAula Mentor é un programa de formación en liña, flexible e con titorización personalizada, dirixido a persoas adultas maiores de 18 anos cun extenso catálogo de cursos cos que ampliar as súas competencias persoais e profesionais.

A iniciativa está promovida polo Ministerio de Educación e Formación Profesional en colaboración con outras institucións públicas e privadas tanto nacionais como internacionais.

Debido á situación provocada polo COVID-19, informámosvos de que o programa de formación a distancia Aula Mentor EducaOroso vai seguir desenvolvendo os seus cursos, aínda que con algunhas particularidades.

Catálogo de cursos: http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor

Aproveita estes momentos para realizar un curso na Aula Mentor EducaOroso, o primeiro paso a seguir é contactar coa aula a través do seguinte formulario: https://www.concellooroso.com/edu/educaoroso/contactar.htm onde poderás resolver todas as dúbidas que poidas ter.

É importante o uso desta vía, xa que o horario de contacto presencial agora mesmo non está dispoñible debido ao estado de alarma impide que a Aula Mentor EducaOroso estea aberta. Tamén podes contactar a través correo electrónico educaoroso@oroso.gal, e solicitar a matrícula do curso, así como calquera outro tipo de consulta operativa de desenvolvemento do programa.

Se xa es alumno e tes calquera dúbida, contacta tamén coa aula a través do correo electrónico para que che poida axudar. Se non tes os medios propios adecuados para desenvolver o curso neste período, non te preocupes, podemos conxelar a matrícula se así o desexas.

A próxima convocatoria de exames presencial (130) estaba programada para o 16 ao 24 de abril de 2020. Dadas as circunstancias, non podemos asegurar que se vaia a producir.


Indicamos de maneira sinxela os pasos para seguir para poder inscribirche nos nosos cursos de formación a distancia Aula Mentor:

  1. Elixe o teu curso: accede ao noso menú de Cursos, onde atoparás máis de 170 clasificados por áreas formativas: http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor
  2. Contacta coa Aula de Formación EducaOroso: Lembra que nestes momentos debido ao estado de alarma, as aula permanecerá pechada pero podes entrar na seguinte URL para solicitar a túa matrícula: https://www.concellooroso.com/edu/mentor/matricula.htm
  3. Matricúlate: consulta co administrador o funcionamento do curso a través do seguinte formulario: https://www.concellooroso.com/edu/educaoroso/contactar.htm. A nivel xeral a información relacionada con este aspecto poderala atopar no menú Matrícula da nosa web.
  4. Custo dos cursos: actualmente o prezo do curso é de 24€ mensuais, sendo a matrícula inicial de dous meses (salvo nos cursos con certificación de 30 horas cuxa matrícula inicial é dun mes). Posteriormente poderás proseguir o cursos destinando máis tempo mediante recargas mensuais de 24€.
  5. Duración dos cursos: os cursos realízanse a distancia, tendo un tempo de duración flexible dependendo do que dedique cada estudante ao mesmo.
  6. Exame e validez oficial: tras superar o exame presencial, obtense un certificado de aproveitamento emitido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.