subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Edición de imaxes con GIMP


orosoA aula de formación EducaOroso pon en marcha un novo curso de edición de imaxes a través do software libre GIMP. As xornadas terán lugar pola mañá de 10:00 a 12:00 horas de luns a venres, dende o luns 5 ata o xoves 8 de outubro.

O obxectivo de esta actividade é aprender o manexo básico do software GIMP. Empezando polo uso das ferramentas que nos proporciona este programa, aprenderemos a crear carteis sinxelos, facer pequenos retoques nas nosas fotos e realizar montaxes simples combinando os coñecementos aprendidos.

Contidos
· Introdución da interface gráfica
· Conceptos básicos de imaxes dixitais
· Uso de capas
· Ferramentas de selección
· Uso de outras ferramentas
· Retoques que podemos facer nas nosas fotos
· Cartel sinxelo
· Montaxes simples


Podes solicitar a túa praza no seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/es/actividade/34394 ou tamén se te achegaa a Aula Mentor EducaOroso na Rúa do Deporte, nº 7 en Sigüeiro.

A causa da excepcional situación que se está a vivir pola COVID-19 so se ofertarán 6 prazas presenciais, reservando outras 6 para realizar a actividade formativa a través de vídeo conferencia.

Aproveitamos tamén para recomendar a formación en liña a través da Aula Mentor EducaOroso. Para o que non a coñecedes, a Aula Mentor é un programa de formación en liña, flexible e con titorización personalizada, dirixido a persoas adultas maiores de 18 anos cun extenso catálogo de cursos cos que ampliar as súas competencias persoais e profesionais. No seguinte enlace podes consultar os cursos que ofrecemos http://www.aulamentor.es/es/cursos-mentor.