subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Feira dos Oficios e da Artesanía.


Partindo dos nosos costumes xurdiu a idea de organizar unha Feira de recuperación e mostra de oficios artesáns dos nosos antepasados para achegalos á cidadanía, petición esta nacida mediante a suxestión de artesáns próximos que nos fan recuperar e retroceder no tempo ao mesmo que espertar un interese e unha grande ilusión entre os visitantes que se acercan por primeira vez a estes oficios que descoñecían ou daban por desaparecidos.

Este evento permite darse a coñecer en maior medida, converténdose nun evento sociocultural de gran transcendencia e cun notable éxito.
Os artesáns e participantes da Feira teñen a oportunidade de poñer en marcha o intercambio de ideas e de información así como ter un excepcional escaparate de venda dos seus produtos.
Durante este días podemos presenciar en vivo como os oficios e a artesanía recobran vida, como neste espazo e marco o intercambio nos leva e transporta a novas experiencias e formas de vida e ao mesmo tempo nalgún caso a poder participar dos obradoiros e actividades.

Para todo iso o Concello de Oroso acondiciona un espazo adecuado para que os participantes – artesáns poidan habilitar e instalar os seus postos, sendo este espazo totalmente gratuíto, cun compromiso por parte dos participantes de elaborar e traballar en directo, e poder mostrar os seus produtos cara ao público visitante.
O horario será de 11:00 horas a 22:00 horas, estando desde as 22:00 horas ata as 09:00 horas vixiado por parte da organización.

Obradoiro de vimbio e cana, Obradoiro de esparto, Obradoiro de herbas, Obradoiro de queixo artesán, Obradoiro de marroquinería, Obradoiro de caza, Obradoiro de olería, Obradoiro de apicultura, Obradoiro do pan, Obradoiro de talla de madeira, Obradoiro de cerámica, Obradoiro de tapices, Obradoiro de xoiería, Taller do ferreiro, Taller da navalla, Taller do canteiro, Obradoiro de encadernación, Taller do torneiro….

Queremos que este sexa un espazo onde compartir experiencias e sensacións e que se converta nun lugar de encontro.