subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Centro Cultural Fernando Casas e Novoa acolle a mostra “Figuramas para una Madre” do escultor brionés Fran Lareo.


Desde este sábado e ata o vindeiro 26 de marzo poderase contemplar esta colección de pequenas esculturas figurativas.

oroso O escultor brionés Fran Lareo abre este sábado, 6 de marzo, a súa nova exposición individual. Baixo o nome “Figuramas para una madre”, esta colección de esculturas poderá ser contemplada e visitada ata o vindeiro 26 de marzo no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro.

De formación autodidacta, este novo valor da comarca nado en Brión, dedícase ao traballo de pequenas pezas desde 1998 e expón de xeito individual desde 2005 empregando tanto a madeira coma outros materiais de similares características que lle permiten expresar os seus conceptos creativos, de gran sinxeleza e frescura. A aposta de Lareo baséase en pequenas composicións de temática figurativa e decoración pirogravada ou composicións con trazos de cor.

Antes desta mostra, Fran Lareo tivo exposta a súa obra no Centro Comarcal de Ordes, no Concello de Betanzos, na Casa da Cultura de Boiro, en Cambados, Santiago de Compostela ou no Centro Comarcal Deza mentres que, de xeito colectivo, os seus traballos figurativos estiveron expostos en multitude de vilas e cidades: Casa das Artes de Vigo, Ateneo Ferrolán, Centro de Interpretación de Porto do Son, Casa da Cultura de Bertamiráns, Liceo de Noia, etc.