subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

V Edición do Certame Internacional OrosoArtes 2010.
BIODIVERSIDARTE - "Arte e Biodiversidade".


O Concello de Oroso convoca este Certame có obxecto de dar a coñecer as ideas, esperanzas, inquietudes utilizando a Arte como medio de comunicación.
O Certame se inscribe dentro do marco de encontro das distintas culturas das persoas e países participantes así como das distintas modalidades O OROSOARTES, se celebra mediante acordos coa localidade portuguesa de GOIS donde se celebra tamén o Certame GoisArte, en cuio evento participan artistas e obras representantes Do Concello de Oroso.

2010 ANO INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE BIOLÓXICA



BASES OROSOARTES 2010

Participantes

OROSOARTES, é un espazo aberto poderán participar artistas nacionais e internacionais.
A Organización reservara o dereito de convidar de xeito directo un máximo de 5 obras sen pasar polo xurado de selección.
Os autores dos traballos manteñen íntegros os seus dereitos de autor, mais permitiran a organización a publicación de imaxes dixitais e gravacións das obras, así como a exposición das mesmas cos traballos seleccionados e posterior edición dun catalogo se fose o caso, sempre con fins de promoción do Certame.

Xurado

O Xurado estará composto por distintas personalidades do mundo da arte e da cultura, e o seu nomeamento será dado a coñecer nos medios de comunicación e na páxina web do Concello de Oroso (www.concellooroso.com).
O Xurado ten como función seleccionar as obras para o Certame OROSOARTES.
O Xurado estará facultado para resolver calquera das cuestións non previstas nas bases e as súas decisións serán inapelables.
O número de obras participantes no Certame OROSOARTES 2010, será o estimado polo xurado dependendo da cantidade recibida, das dimensións das mesmas e por suposto da calidade.

Características das Obras

O Certame estará baseado en obras cunha temática sobre o signo “ BIODIVERSIDARTE. A ARTE E A BIODIVERSIDADE”, técnica libre encadradas dentro de modalidades de pintura, fotografía, escultura ou deseño.
Cada artista poderá presentar unha obra por modalidade atendendo as seguintes normas:

  • PINTURA
    Un máximo de un cadro convenientemente montado con marco ou listón e non excederá de 1,5m no seu lado maior.
  • FOTOGRAFIA
    Un máximo de dúas fotografías perfectamente enmarcadas (pinzas non), e o tamaño non excedrán os 60cm no seu lado maior.
  • ESCULTURA
    Un máximo de unha peza cun tamaño que sen peana non exceda de 1m de altura.


Recepción das Obras

As obras se presentaran persoalmente no Rexistro Xeral do Concello de Oroso (Praza de Isaac Díaz Pardo nº1, Sigüeiro-Oroso) - Tlf.981691478, de 09:00 a 14:00 horas ou ben no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa (Rúa da Cultura nº1, Sigüeiro-Oroso) - Tlf.981690903 de 09:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:30 horas. Tamén poderanse remitirse con portes pagados os mesmos enderezos, con embalaxe reutilizable para a súa devolución a portes debidos.
As Obras deberán ser presentados antes do día 8 DE AGOSTO de 2010, perfectamente embaladas para a súa seguridade, non facéndose responsable a organización dos danos ocasionados durante o transporte.
As obras deberán estar perfectamente identificadas e firmadas axuntando nun sobre en cuio interior deberá ir: Titulo da obra, Ano de Execución, Técnica, Dimensións, Prezo (para efectos de venta ) Nome do Autor, DNI, Enderezo, Telefono, E-mail e un breve currículo.
Cada autor deberá entregar conxuntamente có Boletín de Incrición, unha fotografía da obra en soporte dixital, para poder elaborar un catalogo do Certame.
Asi mesmo poderán participar no GoisArte 2010 unha selección de 15 obras que se presenten antes do día 30 de xuño de 2010 que representarán ó Concello de Oroso na localidade portuguesa de Gois, cuio certame se celebra do 16 ó 31 de xullo de 2010.
As obras estarán cubertas por un seguro que cubrirá os posibles danos que se puideran ocasionar durante a a exposición, tendo un valor que oscilara entre os 250€ mínimo e 1300€ máximo por obra.
As obras vendidas no transcurso da Exposición estan suxetas a unha comisión do 25% que reverta na Organización do OROSOARTES/ Gois Arte.
As Obras non seleccionadas serán devoltas os artistas previa notificación, enviándose o enderezo de remite a portes debidos.

Exposición

O Certame OROSOARTES 2010 será do 17 de setembro ata o 12 de outubro de 2010.
Non se poderá retirar ningunha obra antes da finalización do Certame OROSOARTES2010.

Devolución

As obras seleccionadas serán devoltas pola organización a partires do remate da exposición a portes debidos o enderezo de remite previo acordo cos artistas.
Os artistas poderán retiralas persoalmente no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa de Sigüeiro-Oroso.
Haberá un prazo máximo de un mes para retirar ou reclamar as obras, se transcorrido este tempo non foran retiradas, a organización entenderá que os artistas doaran as obras para que pasen a formar parte do arquivo artístico do Concello de Oroso.

Aceptación das bases
A participación no Certame OROSOARTES 2010, implica a aceptación automática das bases e as decisións do xurado e a organización.