subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso clausura este venres os seus cursos de natación cunha festa con inchables na Piscina Municipal de Sigüeiro.


Nos cursos, que tiveron lugar este mes de xullo, participaron 123 nenos e 12 adultos.

O Concello de Oroso realizará este venres, 30 de xullo, a clausura dos seus cursos de natación cunha gran festa con inchables na piscina municipal de Sigüeiro. Unha festa que dará comezo ás 16:30 horas, con actividades e inchables acuáticos, e que se estenderá ata as 19:00 horas.

A iso das 18:30 horas, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de deportes, Eduardo Veiras, farán entrega dos diplomas dos cursos de natación 2010, que tiveron lugar durante este mes de xullo e nos que participaron un total de 123 nenos e 12 adultos. Os cursos foron impartidos por tres monitores titulados, en horario de mañá para os nenos (de 4 a 16 anos) e de tarde para os adultos.

Ao igual que aconteceu durante a realización dos cursos, o Concello de Oroso porá un autobús gratuíto que recollerá os nenos das parroquias e que os devolverá ás súas casas unha vez rematada a festa.