subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Un total de 76 establecementos comerciais de Oroso participan na campaña contra a violencia de xénero “Podería ser eu. Podería ser calquera”.


orosoUn total de 76 establecementos comerciais de Oroso participarán durante esta semana nunha campaña contra a violencia de xénero posta en marcha polo Concello de Oroso e a Mancomunidade de Ordes. Trátase do reparto de varios milleiros de bolsas multiúsos biodegradables co lema “Podería ser eu. Podería ser calquera”, que serán entregados polos comerciantes aos seus clientes ao longo dos próximos días.

Os Servizos Sociais de Oroso fixeron entrega das bolsas durante esta mesma mañá, así como dos correspondentes carteis informativos que indican o compromiso dese establecemento na loita contra a violencia de xénero. Tanto no cartel como na bolsa figuran nun lugar destacado os teléfonos de contacto aos que pode acudir calquera vítima de maltrato: o 016, o Teléfono da Muller (900 400 273) ou o teléfono do Centro de Información á Muller de Ordes (981 69 21 08). Así mesmo, tamén se repartirán pulseiras e chapas coa mensaxe “Na violencia de xénero cada día conta”.