subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso abre o prazo de inscrición nos cursos gratuítos de natación verán 2016.


O prazo de solicitude remata o 24 de xuño e os únicos requisitos son cubrir a folla de inscrición e ter o carné de abonado da piscina.

O Concello de Oroso vén de abrir o prazo de inscrición nos cursos de natación Verán 2016, uns cursos gratuítos que se impartirán na piscina municipal de Sigüeiro entre o 1 e o 29 de xullo. A iniciativa está dirixida tanto a nenos de 4 a 16 anos, como a adultos, que deberán anotarse nas oficinas do complexo deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro (981 92 79 01) antes do 24 de xuño.

O Concello de Oroso estableceu un horario matutino para as clases de natación para os nenos, concretamente de luns a venres de 11:00 a 13:30 horas; mentres que para os adultos será de luns a venres, a partir das 20:20 horas. Os únicos requisitos para participar nestes cursos de natación son ter tramitado o carné de abonado da piscina e cubrir a correspondente folla de inscrición. Os menores de 7 anos deberán ir acompañados por pai/nai ou titor.

Carné abonado

A piscina municipal de Sigüeiro está aberta ao público dende o pasado 1 de xuño, en horario de once da mañá ata as nove da tarde. Para obter o carné de abonado, os solicitantes poden solicitalo na web municipal, dende onde tamén poden pagar as cotas on line (apartado instalacións deportivas).

Folla de inscrición Pincha aquí para descargar e cumprimentar a folla de inscrición.

Listaxes cursos Listaxes de admitidos e horarios dos cursos de natación.