subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A praza Isaac Díaz Pardo de Sigüeiro acollerá mañá sábado un concerto dos combos da escola de música “José Verea” de Oroso.


 

O praza Isaac Díaz Pardo de Sigüeiro acollerá mañá sábado 17 de xuño, ás 20:00 horas, un concerto a cargo dos combos da Escola municipal de música “José Verea” de Oroso. Unha actuación na que “os alumnos e alumnas ofrecerán un repertorio variado que inclúe temas de pop, rock, blues e folk”, indica Juan Salgueiro, director da Escola, quen tamén agradece “o gran traballo dos profesores Ruth García, Álvaro Trillo, Pablo Reyes e, especialmente, a Kiko Salgueiro, quen deberá duplicar esforzos ao ter que acompañar a algún como ao tempo que exerce como técnico de son”.

Juan Salgueiro tamén amosa o seu agradecemento ao Concello de Oroso “pola súa aposta pola formación musical e por axudar a organizar esta e as demais actuacións públicas que ofrece a Escola”. De feito, o próximo venres 30 de xuño, ás 19:00 horas, terá lugar no centro cultural de Sigüeiro o Festival de Fin de Curso da Escola municipal de música “José Verea”, que ten aberto ata ese mesmo día o prazo de renovación de matrícula para o curso 2017/2018. O prazo de preinscrición de novos alumnos e alumnas abrirase do 23 de agosto ao 8 de setembro.