subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Os nenos e nenas do campamento de verán de Oroso inauguran unha exposición artística.


mostra permanecerá aberta ata o 30 de agosto no centro cultural.

orosoOs nenos e nenas do 'Summer Camp', o programa de conciliación familiar e laboral que o Concello de Oroso desenvolve durante estas vacacións escolares, inauguraron esta mañá unha exposición de escultura creativa no Centro Cultural de Sigüeiro. A mostra permanecerá aberta para todo o público que desexe visitala ata o vindeiro 30 de agosto.

Na apertura da exposición, os vinte e cinco participantes nestes campamentos estiveron acompañados pola concelleira de Ensino, Beatriz Rodeiro, e polo concelleiro de Cultura, Luis Rey. Os dous felicitaron os cativos e cativas pola creatividade demostrada nas obras expostas e confirmaron con eles a satisfacción polo desenvolvemento do 'Summer Camp', organizado en colaboración coa Escola Con Talento.

Unha vez declarada aberta a exposición, xa cos primeiros visitantes na sala, os nenos e nenas que acudiron ao acto compartiron unha merenda na propia sala, con diversos petiscos, froita, doces e zumes.