subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Tres campións de España farán exhibicións no VI Campionato de Patinaxe Artística, que terá lugar este sábado e domingo en Sigüeiro.


 

O polideportivo municipal Juanito Amigo de Sigüeiro acollerá os días 18 e 19 de novembro o VI Campionato de Patinaxe Artística organizado polo Club Patín Oroso, en colaboración co Concello de Oroso e a Deputación da Coruña. Un torneo no que participarán clubs de toda Galicia.

Ademais, dende o Club Patín Oroso confirman que o sábado 18 de novembro terán lugar varias exhibicións nas que participarán tres campións de España de patinaxe:
• Nadia Iglesias de Salvador: terceira no Campionato do Mundo Junior 2017, campioa de Europa Junior 2017 e campioa de España Junior 2017.
• Lucía Fernández Otero: campioa de España Infantil 2017.
• Unai Cereijo García: campión de España Alevín 2017.

Unhas exhibicións que serán posible grazas á colaboración do Club de Patinaxe Artístico Maxia e do Club de Patinaxe Oleiros.