subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Campamento de conciliación en Oroso.


orosoO Concello de Oroso organiza un ano máis un campamento de conciliación durante a Semana Santa. Está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, que participan en actividades musicais, de inglés e traballos manuais.

Con esta iniciativa, o Concello busca alternativas para as familias durante os días laborables nos que os máis pequenos non teñen clases. As actividades do campamento desenvólvense no CEIP Camiño Inglés de Oroso e rematarán o próximo luns, día 2 de abril.