subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso acolle o próximo domingo, día 24, o IV Memorial Fernando Abad de ciclismo


orosoO Club Tambre Bike, representado polo seu presidente, Amancio Espiñeira, e os directivos Ismael Veiras, Juan Platas e Moncho Ramos, xunto co alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Deportes, Luis Rey, presentaron O IV Memorial Fernando Abad, na memoria do que fora presidente do club orosán.

A proba celebrarase o vindeiro domingo, día, 24 marzo, repetindo o percorrido do ano pasado. Os participantes darán dúas voltas e pasarán polos concellos de Ordes, Trazo, Tordoia e Oroso, máis outro pequeno percorrido preto de Sigüeiro ata completar 80 quilómetos (con dúas metas volantes ao seu paso por Sigüeiro).

Está aberto o prazo de inscricion da proba na web da Federación Galega de Ciclismo. Está prevista a participación de máis de 150 corredores, alguns deles de fóra de Galicia.

Será a primeira proba da Copa Galicia de Estrada para categoria máster, podendo participar tamén nesta proba corredores da categoría júnior e féminas.