subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Acondicionamento do campo de béisbol


orosoO concello de Oroso segue co seu programa de investimentos en infraestruturas deportivas, apoiando e dotando aos diferentes clubs de zonas adecuadas para que poidan levar a cabo as súas actividades deportivas nas mellores condicións posibles.

Como proba disto estanse a rematar varios traballos de acondicionamento no campo de Béisbol de Porto Avieira, onde se rehabilitaron zonas de xogo con terra batida e se van instalar tamén estes días uns banquillos metálicos.

En breve tamén esta proxectado a instalación de alumeado, tanto neste campo coma no de Hípica.

O Concello quere agradecer o enorme esforzo que realizarondeportistas e persoas vinculadas ao Club de Beisbol de Oroso á hora de colaborar na realización dos traballos no terreo de xogo.

Por outra parte, o concello de Oroso felicita ao equipo infantil de Beisbol Orosán que acaba de proclamarse campión da liga Xogade. Este gran equipo está a facer unha gran tempada, gañando todos seus encontos e clasificándose deste xeito para xogar a liga autonómica. Grazas polo voso esforzo!