subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Éxito de participación na VII Carreira Pedestre de Oroso


orosoNuno Costa y Paula Mayobre foron os gañadores en categoría absoluta da VII Carreira Pedestre de Oroso, celebrada onte cun gran éxito de participación e asistencia de público.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, deu a salida da proba, que contou, en palabras do concelleiro de Deportes Luis Rey, “cun alto nivel, o gañador da probra, Nuno Costa, viña degañar a VigBay hai uns días”.

Despois da proba absoluta celebráronse as probas de categorías inferiores, nas os que os nenos e nenas competiron nun ambiente de gran deportividade.

Desde o Concello de Oroso queremos agradecer o esforzo e o traballo de Protección Civil de Oroso, os voluntarios e voluntarias dos clubs deportivos, Tambre Bike, a Asociación Cultural e Deportiva Troitamundos, e o servicio de limpeza municipal, que traballou pola noite para que a zona estivese hoxe nas mellores condicións. Grazas!