Máis de 2.000 persoas na cabalgata dos Reis Magos de Oroso
O Concello de Oroso celebrou a súa tradicional Cabalgata e Festa de Reis, con máis de 2.000 persoas nas rúas e no pavillón deportivo.
A comitiva de Melchor, Gaspar e Baltasar, composta por máis de cen persoas, saiu do CEIP do Camiño Inglés para facer un percorrido polas rúas de Sigüeiro: avenida de Compostela (N-550), rúa do Portiño, rúa Insua, praza de Alexandre Bóveda, rúa do Medio, rúa do Portiño, avenida de Compostela, praza da Foca, avenida da Grabanxa, rúa do Concello, rúa Río Lengüelle, avenida de Compostela e rúa do Xuncal ata a praza Isaac Díaz Pardo.
Ás 18:30 horas, as Súas Maxestades foron recibidas na Casa do Concello pola corporación municipal. Acto seguido, a comitiva dirixiuse ata o pavillón de deportes a través da rúa Camiño Inglés e da rúa Pablo Iglesias.
No pavillón celebrouse unha gran festa infantil con Troi, inchables, animación musical, xogos, karaoke, entrega de premios e lambonadas para todos os nenos e nenas.
[Ver a galería de fotos]