subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso entrega os diplomas do curso de manipulador/a de alimentos.


orosoO concelleiro de Comercio, Xaime Carneiro Uzal, fixo entrega dos diplomas de participación no curso de manipulador/a de alimentos, organizado polo Concello de Oroso e homologado pola Dirección Xeral de Saúde Pública. Un acto ao que asistiron dezasete dos vinteseis veciños e veciñas que tomaron parte neste curso formativo, impartido pola emprsa Recursos Galicia SL.

Este curso estaba especialmente dirixido a persoas que traballen ou desexen traballar en almacéns de distribución de alimentos, supermercados, bares, axuda no fogar, residencia da terceira idade... Ao longo de tres horas, tratáronse asuntos relacionados coa nutrición e coa hixiene e manipulación dos alimentos, ademais de analizar os métodos para a conservación dos alimentos e os riscos que supón a súa alteración.