subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso entrega os diplomas acreditativos aos asistentes á xornada de promoción do cooperativismo.


orosoO concelleiro de Promoción Económica, Xaime Carneiro, fixo entrega dos diplomas acreditativos aos participantes na xornada “O cooperativismo: unha fórmula de emprego válida para as mulleres”, organizada polo Concello de Oroso en colaboración coa Oficina de Fomento do Cooperativismo da Mancomunidade de Ordes. Un acto ao que acudiron doce dos corenta veciños e veciñas que participaron na iniciativa.

Unha xornada impartida por Ana Lorenzo Vila, técnica de fomento cooperativo da Dirección Xeral de Emprego e Economía Social, quen lles explicou que a cooperativa é unha forma de asociacionismo que aguanta moi ben en tempos de crise e lles fixo unha presentación sobre como funcionan as cooperativas, como crealas e os apoios que existen.