As “Boliñas con patacas” de Tapería O´Martán, gañadoras do V Concurso de Tapas de Oroso.
Durante os catro días do certame degustáronse máis de 2.300 tapas, o que supera a media das catro edicións anteriores.
Tapería O´Martán (Sigüeiro) e as súas “Boliñas con patacas” alzáronse co primeiro premio da quinta edición do Concurso de Tapas do Concello de Oroso, durante o que se degustaron máis de 2.300 tapas. Tapería O´Martán, segundo clasificado na edición de 2013 por tan só 3 votos de diferencia, obtivo este ano unha clara victoria ao sumar un total de 378 votos, o que case que supuxo dobrar ao segundo clasificado. Un premio de 300 euros e diploma acreditativo que lle será entregado durante un acto que terá lugar proximamente e que estará presidido polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás.
O segundo posto foi para o Bar Tapas, vencedor da edición de 2012 e terceiro clasificado da edición de 2013. A súa “Mini hamburguesa de boi” conseguíu 194 votos. Bar Tapas acadou un premio de 200 euros e diploma acreditativo. O terceiro posto foi para o Bar Manuela, establecemento que non fora distinguido ata o momento en edicións anteriores. A súa “Espetada de polbo” conseguíu sumar 158 votos.
O resto de participantes quedaron clasificados do seguinte xeito: Bar Stop (124 votos), Restaurante Cortés (113 votos), Restaurante Mirás (75 votos), Bar O Zapateiro (71 votos), Mesón A Trabe (58 votos), Nova Xeira (57 votos), Mesón Tambre (43 votos), Cervexería O Xesto (42 votos), Bodegón Cebrás (29 votos), Café-bar Xardín (19 votos), Xq no? (18 votos), Restaurante Liñares (13 votos), Bar Viuda de Blanco (13 votos) e Mesón pulpería As Rías (10 votos).
Máis de 2.300 consumicións
Este ano participaron no sorteo 298 papeletas válidas, quedando descartadas 30 papeletas por non cumplir algúns dos requisitos establecidos nas bases. En total, só contabilizando os selos emitidos para o concurso, no V Concurso de Tapas do Concello de Oroso se degustaron un total de 2.274 consumicións, ás que hai que engadir as numerosas tapas que se tomaron e que despois non se presentaron ao concurso. Estas 2.274 consumicións supón superar a media de 2.000 consumicións degustadas nas catro edicións anteriores e dan testemuño da gran aceptación veciñal que ten esta iniciativa.