subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso retoma os “Martes saudables” cunha charla sobre musicoterapia.


Terá lugar este martes 6 de setembro, ás 17:00 horas, no local da terceira idade.

O Concello de Oroso retomará este martes 6 de outubro, e logo do parón estival, a súa iniciativa “Martes saudables”, que cada mes pretende achegar información útil e práctica para os maiores de Oroso principalmente en temas relacionados coa saúde, o benestar e os servizos sociais.

A musicoterapia volverá ser o eixo da charla de mañá martes 6 de outubro, ás 17:00 horas, no local da terceira idade e impartida por especialistas da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria. Unha temática que xa fora tratada o ano pasado e que recibira unha gran aceptación entre os maiores de Oroso. A entrada é libre e de balde, aínda que por razóns de loxística é preciso confirmar asistencia nos Servizos Sociais de Oroso (rúa do Deporte, 9) ou a través do teléfono 981 688 950.

As próximas citas serán o 3 de novembro, coa charla “A túa saúde da cabeza aos pes”, e o 1 de decembro, coa charla “Coñecer os recursos sanitarios”, impartida por expertos da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria.