subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Restaurante Mirás gaña o VIII Concurso de Tapas de Oroso, o segundo máis concorrido e no que se degustaron máis de 3.225 tapas.


Vanesa Boo salienta a consolidación do concurso pois “a pesar de que foi unha das edicións con menos locais participantes, estamos ante a segunda edición na que máis consumicións se rexistraron”.

O Restaurante Mirás e a súa “Espetada de carnes variadas sobre cachelo confitado e salsa grellada” foron os gañadores do primeiro premio da oitava edición do Concurso de Tapas do Concello de Oroso, durante o que se degustaron máis de 3.225 tapas. Unha cifra que coloca este certame como o segundo máis concorrido da súa historia, só superado pola edición de 2016.

A concelleira de Comercio, Vanesa Boo, salienta que estas cifras “demostran a consolidación deste concurso pois, a pesar de que foi unha das edicións con menos locais participantes, estamos ante a segunda edición na que máis consumicións e participantes se rexistraron”. De feito, no concurso participaron un total de 645 persoas, o que supón que durante os seis días do concurso se degustaron como mínimo 3.225 tapas. Esta cifra supón 95 participantes menos ca en 2017, pero 185 persoas máis ca en 2015 e 347 máis ca en 2014.

“O obxecto do concurso é conseguir un maior número de visitantes e dinamizar a nosa hostalería, promovendo a gastronomía local. Penso que tanto as cifras como o gran número de persoas que encheron os nosos locais hostaleiros demostran que se cumpriu de sobra co obxectivo”, apunta Vanesa Boo.

Clasificación

Restaurante Mirás pasa de non estar entre os dez mellores do ano pasado a suceder á Cafetería “Os 6 Ríos”, establecemento gañador da edición de 2016 e que ocupou o segundo posto este ano coa súa tapa “Ledicia do Lengüelle”. O terceiro posto foi para o Café Bar Manuela, campión da edición de 2015, coa súa tapa “Timbal de bacallau en salsa verde”. Os tres gañadores recibirán un diploma e un premio en metálico de 300, 20 e 100 euros, respectivamente, que lles será entregado nos próximos días no marco dun acto convocado polo Concello de Oroso.

Estes tres establecementos, canda Adega O Ribeiro (gañador das edicións de 2013, 2011 e 2010), se destacaron dende o principio do reconto como os grandes favoritos. O resultado final quedou moi apertado: Restaurante Mirás (96 votos), Cafetería 6 Ríos (90 votos), Café-Bar Manuela (83 votos), Adega o Ribeiro (82 votos), Bar Tapas (66 votos), Anbore Café Bar (45 votos), Sigü Café (37 votos), Café Bar Sigüeiro (36 votos), Café Bar O Xardín (35 votos), X Q No? (24 votos), Cervecería Folk (22 votos), Mesón Tambre (15 votos) e Cafetería Ché (14 votos).

Premios para a clientela

Despois do reconto dos votos emitidos, o Concello de Oroso procedeu ao sorteo dos premios dirixidos ás persoas que votaron no VIII Concurso de Tapa en Tapa de Oroso. Os gañadores e gañadoras son os seguintes:
• Manuela Caeiro Romero (Oroso). Tablet
• Mario Pérez García (Oroso). Estancia balneario Attica 21 (Vilalba).
• Óscar Nieto Fontenla (Santiago). Vale de 100 € no supermercado Familia (Sigüeiro).
• David Verdes Castro (Tordoia). Vale de 50 € no supermercado Familia (Sigüeiro).
• Laura Parente Noya (Oroso). Vale de 100 € no supermercado Vda. de Nouché.
• Ana Mª Sánchez Pallas (Oroso). Vale de 50 € no supermercado Vda.de Nouché.
• Mª Eugenia Albardonedo García (Oroso). Botella Magnum Terras do Cigarrón.
• Zaira Pulleiro Sánchez (Oroso). Botella Magnum Terras do Cigarrón.
• Pury Pérez Abelleira (Oroso). Botella Magnum Terras do Cigarrón.
• Pury Pérez Abelleira (Oroso). Botella de Petroni.
• Jorge Costa Fraga (Oroso). Botella de Petroni.