subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso celebra o VI Día do Deporte cunha gala á que asistiron máis de 800 persoas


orosoO Concello de Oroso celebrou o VI Día do Deporte, unha cita anual xa consolidada para os nenos e nenas que practican alguna modalidade e as súas familias. Asistiron máis de 800 persoas.

Como peche da xornada, celebrouse un acto para recoñecer o traballo de todos os clubs deportivos do municipio, cun agradecemento á función social que realizan en beneficio da veciñanza en xeral, ademais de representar ao Concello de Oroso nas diferentes competicións e eventos nos que participan.

O alcalde, Manuel Mirás, e o novo concelleiro de Deportes, Antonio Leira, abriron o acto para agradecer “o esforzo dos deportistas e tamén das súas familias, que son as que se encargan de levar os nenos e nenas aos entrenamentos e aos partidos”.

“Hoxe recoñecemos o traballo do mellor deportista ou do mellor club do ano, pero como facemos sempre o que queremos e animaros a que sigades facendo deporte, porque o deporte é saúde e o deporte son valores que estarán sempre con vos”, afimou Leira, que fixo tamén un recoñecemento ao traballo do concelleiro Luis Rey, que deixa Deportes para ocuparse doutras responsabilidades no goberno local.

No acto, entregouse un recoñecemento pola súa traxectoria deportiva a Hipólito Visos Vázquez, fundador do club SD Deixebre. Tamén foron galardoados Hugo Rama Calviño (mellor deportista); Valeria Castro (mellor promesa), Sigüeiro FC e ED Xuventude de Oroso (mellores clubes); Club Leones de Béisbol, pola colaboración con eventos deportivos municipais, e Café Restaurante O Cortés, Peluquería Tije e Decoraciones Rodríguez (empresas que apoian o deporte).

Posteriormente, fíxose un recoñecemento ao traballo dos seguintes clubs: Club Leones BBC Béisbol; Club Oroso Fútbol Sala; Club Escola Deportiva Xuventude Oroso; Club Taekwondo ITF Oroso; Club Hípico Amazonas e Cabaleiros de Oroso; Club Ciclista e Running Tambre Bike; Club Oroso Tenis de Mesa; Club Xadrez Oroso; Club Ximnasia Oroso; Club SD Deixebre; Club Tenis de Mesa Espedregada Oroso; Club Sigüeiro FC; Club Oroso Motor Sport; Club Patín Oroso; Escola de Judo ANPA A Nosa Escola; Club CrossPadel Sigüeiro; Escola de baloncesto Obradoiro CAB-CEIP Camiño Inglés-Concello de Oroso; Escola Municipal de Zumba Infantil; Escola Municipal de Zumba, Ximnasia e Pilates; Escola de Tenis e CroosPadel Sigüeiro; Escola de Zumba ANPA A Nosa Escola, e Escola de Zumba e Natación ANPA Carboeiro.

No acto, todos os deportistas dos clubs e escolas de Oroso recibiron una medalla. A xornada rematou cunha festa musical.