subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Campus de Patinaxe en Oroso


orosoDurante os días 1, 2 e 3 de agosto, o Concello de Oroso e o Concello de Ordes acollerán o II Campus de patinaxe artística do CP Galia, un programa orientado para patinadores/ as federados das categorías rexional e nacional.

O número de deportistas inscritos é de 120. Entre eles atópanse varios patinadores internacionais pertencentes á Selección Española, como Lucas Yáñez, Unai Cereijo, Javier Martínez e Manuela Vila, entre outros.

O horario de pista no Concello de Oroso será de 10 a 13.30 e de 16 a 20 horas no pavillón Juanito Amigo de Sigüeiro os días 1 e 2 de agosto. O día 3 de agosto os adestramentos serán só de mañá, de 10 a 13.30 horas.

As idades dos/as participantes están comprendidas entre os 8 e os 20 anos e a dirección do campus estará a cargo de Rosa García, entrenadora da Selección Española.