subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Andaina solidaria a favor de ASANOG


orosoO Concello de Oroso organiza unha nova andaina solidaria a favor da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).

Será o domingo 13 de outubro e a saída ás 10.30 horas desde a praza Isaac Díaz Pardo (Concello) cun percorrido de cinco quilómetros.
As inscricións podense realizar no centro deportivo, no mail deportes@oroso.gal ou no teléfono 981927901.

Asanog é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu en 2012 a iniciativa dun grupo de familias cun denominador común, ter un fillo enfermo de cancro, e co obxectivo de contribuír no ámbito de Galicia ao mellor estado dos nenos oncolóxicos e as súas familia.