subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso e o Deportivo da Coruña organizan un Campus de Nadal para nenos e nenas de 6 a 14 anos


orosoO Concello de Oroso e o Deportivo da Coruña presentaron hoxe o Campus de Nadal Oroso 2019, que será os días 23, 26 e 27 de decembro para nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.

Ao acto de presentación, no salón de plenos do Concello de Oroso, asistiron por parte do Deportivo o seu directivo Alberto Méndez, o adestrador Pablo Barros e o ex xogador Manuel Pablo, xunto ao alcalde, Manuel Mirás Franqueira, o concelleiro de Deportes de oroso, Antonio Leira, e o presidente do Xuventude de Oroso, Xosé Ferro.

“Oroso é un concello que cre no deporte e fomenta os hábitos de vida saudables, polo que estamos sempre abertos a acolle este tipo de iniciativas”, asegurou o alcalde Manuel Mirás.

Antonio Leira agradeceu “a aposta do Deportivo da Coruña por estas actividades nun concello como Oroso, onde hai tanta afección ao fútbol”. “Quero dar as grazas tamén ao Xuventude de Oroso pola súa colaboración e boa disposición”, engadiu.

Por parte do club, Alberto Méndez deixou claro que “para o Deportivo é fundamental estar noutros concellos, saír da Coruña e facer campus nun lugar como Oroso, onde sempre somos ben acollidos”.

Os e as interesadas en asistir ao campus, poden inscribirse e informase no mail deporcampus@recdeportivo.es. A asistencia inclúe varias actividades e entradas para ir a algún partido do Deportivo, ao que todos os presentes desexaron sorte para mellorar na clasificación.